Hoxe finaliza con éxito o programa Foaxe-P IntégraT 2025 da Fundación Nortempo, un proxecto de inserción laboral no que 27 persoas completaron o seu Itinerario Personalizado de Inserción (IPI) da Deputación da Coruña.
Ao longo destes meses, 8 persoas participantes acadaron a inserción laboral, froito dun acompañamento continuo e adaptado á realidade de cada perfil. En paralelo, desenvolvéronse 21 accións formativas (7 presenciais e 14 en teleformación) que sumaron 403 horas de impartición, orientadas a reforzar competencias clave e mellorar a empregabilidade.
Durante os 6 meses de duración do programa, traballamos de maneira transversal:
Habilidades sociolaborais, para afrontar con máis seguridade entrevistas, dinámicas e procesos de selección.
Capacitación profesional, aliñada coas necesidades do mercado e coas oportunidades reais de contratación.
Motivación e autonomía, fortalecendo a confianza e a constancia no proceso.
Procura activa de emprego, con ferramentas prácticas: elaboración e actualización de CV, preparación de entrevistas, acceso a portais, canles e recursos locais.
Este proceso foi posible grazas a un traballo multidisciplinar e en rede, no que a orientación, a formación e o acompañamento foron da man, co obxectivo de impulsar a inclusión persoal e social a través do emprego e de avanzar cara a oportunidades laborais estables e de calidade.
Foaxe-P IntégraT 2025

