Fundación
Coñece a nosa historia e os nosos valores
A Nosa Historia
Quen somos?
Fundación Nortempo é unha entidade sen ánimo de lucro que nace no ano 2005 baixo o paraugas da RSE do grupo de RRHH Nortempo e coa vontade de impactar no mercado laboral, poñendo ao seu dispor o talento de todas as persoas segundo as súas capacidades, independentemente da súa procedencia, condición, xénero, raza, relixión, idade, etc.
A nosa misión na sociedade é a orientación, formación e inclusión das persoas, especialmente dos colectivos máis vulnerables, como mulleres vítimas de violencia de xénero, persoas con discapacidade, menores de 30 anos con escasa formación, maiores de 45 anos, colectivos migrantes e outras persoas en risco de exclusión social, impulsando o principio de igualdade de oportunidades e non discriminación.
Así mesmo, fomentamos a sensibilización social como fundamento do dinamismo do mercado laboral e da adecuación das persoas traballadoras e das empresas ás necesidades do momento.
Misión, visión e valores
Misión
Fundación Nortempo ten como misión desenvolver proxectos e programas destinados á mellora da empregabilidade e facilitar a inclusión das persoas no mercado laboral a través de:
- Formación: desenvolvemos programas adaptados ás necesidades das empresas, capacitando as persoas para os postos máis demandados polo mercado laboral. Estamos homologados para impartir certificados de profesionalidade en áreas como administración e xestión, informática e comunicacións ou comercio e márketing.
- Selección e contratación: colaboramos coas empresas na selección e contratación de persoal, promovendo a igualdade de oportunidades e a diversidade no ámbito laboral.
- Inclusión social: traballamos en proxectos que fomentan a inclusión social e a igualdade de xénero, favorecendo a diversidade e a non discriminación.
- Sensibilización no mercado de traballo: axudamos as empresas a seren máis diversas e inclusivas, deseñando accións, programas e proxectos orientados a tal fin.
Visión
Ser un referente nacional e internacional na xestión de programas de orientación, formación e emprego para os colectivos máis vulnerables e para as persoas que pretenden mellorar o seu proxecto de vida, a través de financiamento público e privado. Somos un motor de cambio no tecido empresarial, apoiando ás organizacións na incorporación da diversidade como eixe estratéxico nas súas políticas corporativas, acompañándoas no cumprimento das súas obrigas legais arredor da diversidade e favorecendo o incremento do impacto social da súa Responsabilidade Social Empresarial.VALORES
Valores
Compromiso coas personas
Cremos nas persoas como motor de cambio social en todos os eidos. Promovemos o seu desenvolvemento profesional, o seu benestar e a súa dignidade no traballo
Inclusión, igualdade e diversidade
Traballamos e impulsamos un mundo laboral sen límites nin barreiras onde todas as persoas, sen distinción, atopen o seu lugar.
Ética, transparencia e responsabilidade
Actuamos con integridade e ética. A nosa forma de traballar baséase na coherencia e na rendición de contas, garantindo sempre o impacto positivo nos nosos contornos.
Cercanía e innovación social
Estamos onde máis se nos necesita, con solucións innovadoras e adaptadas. Apostamos pola proximidade, o coñecemento compartido e a transformación social.
Espírito construtivo
Construímos contornos de traballo dende o optimismo e o traballo en equipo. Cremos nun futuro máis xusto e sostible.

