Innovación social

Colaboracións para innovación e emprego

Medidas de accesibilidade para as persoas participantes

Implementamos medidas de accesibilidade sensorial, cognitiva e física en todos os programas executados pola Fundación para garantir unha maior igualdade de oportunidades entre as persoas participantes.

Medidas de conciliación para as persoas participantes

Facilitamos ás persoas usuarias con menores ou persoas dependentes ao seu cargo a participación nos programas desenvolvidos por Fundación Nortempo, poñendo á súa disposición distintas medidas de conciliación persoal, familiar e laboral como adaptación horaria, servizo de gardería, madrugadores, axuda a domicilio, etc.

Gamificación

Nos nosos programas e stands de emprego implantamos un sistema de recompensas que axuda á visualización dos distintos logros obtidos pola persoa atendida. As accións que se recompensarán serán, por exemplo, o envío de CVs ou autocandidaturas realizadas, ofertas de emprego ás que se postule, entrevistas conseguidas, asistencia a eventos de emprego, etc. Deste xeito, pódense visualizar os logros de maneira sinxela e clara, favorecendo a motivación.

Xestión de equipos informáticos

En cada oficina poñemos a disposición das persoas usuarias dos programas ordenadores, impresoras, tablets, etc. para favorecer o seguimento das accións de formación e orientación.

Aplicacións informáticas para a procura de emprego

Contamos cun portal propio de emprego, Nortempo Emprego, para xestionar as ofertas de traballo e os perfís das persoas usuarias, onde poden acceder a unha parte pública e outra privada.

Novas tecnoloxías para a mellora da empregabilidade

Fundación Nortempo conta con aplicacións informáticas de elaboración propia para mellorar a empregabilidade das persoas usuarias da Fundación, como por exemplo Somos Andalucía, que mostra os recursos relacionados co emprego por proximidade a través dunha busca por código postal.
Scroll ao inicio
Ir o contido