Se estás en situación de desemprego e queres mellorar as túas oportunidades de traballo, o Programa Integrado de Emprego Fundación Nortempo 2025/26 é para ti.
Este proxecto, subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, ofrece un itinerario personalizado para acompañarte paso a paso cara á inserción laboral, con accións de formación, orientación, prácticas e intermediación coas empresas da comarca de Vigo, Santiago e A Coruña.
Que é o Programa Integrado de Emprego Fundación Nortempo?
O Programa Integrado de Emprego é unha iniciativa gratuíta da Fundación Nortempo que combina diferentes accións para favorecer a inserción laboral das persoas desempregadas.
O obxectivo é que cada participante dispoña dun plan individualizado de mellora da empregabilidade, adaptado ao seu perfil, interese e obxectivos profesionais.
Colectivos participantes e obxectivo de inserción laboral
O Programa Integrado de Emprego da Fundación Nortempo 2025/26 diríxese a diversos colectivos con especiais dificultades de acceso ao mercado laboral, co propósito de promover a súa inserción profesional a través de itinerarios personalizados e accións adaptadas ás súas necesidades.O obxectivo é que cada participante dispoña dun plan individualizado de mellora da empregabilidade, adaptado ao seu perfil, interese e obxectivos profesionais.
Os colectivos cos que se traballará son:
Persoas desempregadas con discapacidade.
Persoas desempregadas en risco de exclusión social e beneficiarias do tramo de inserción da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA).
Mulleres desempregadas que acrediten a condición de vítimas de violencia de xénero.
Persoas desempregadas migrantes con autorización de residencia temporal por arraigamento socioformativo.
Persoas menores de 30 anos en situación de desemprego.
Fundación Nortempo comprométese a acadar un mínimo do 40% de inserción laboral entre as persoas participantes no programa.
Que che ofrece este programa?
– Orientación e asesoramento individualizado
Axudámoste a definir o teu obxectivo profesional e o teu plan de acción, acompañándote en todo o proceso de busca de emprego.
– Formación práctica e actualizada
Ofrecemos cursos nas áreas máis demandadas polo mercado laboral actual, para que poidas adquirir competencias reais e empregables:
Xestión e control de almacén
Condución de carretillas elevadoras
Big Data e Intelixencia Artificial
Psicoloxía aplicada ás vendas
Coidados auxiliares de enfermaría
Limpeza e manipulación de alimentos
Reservas de hoteis
Biomasa
Uso de ferramentas dixitais e aplicacións móbiles no traballo
– Obradoiros de habilidades sociais e intelixencia emocional
Mellora a túa motivación, comunicación e confianza en ti mesmo para destacar nas entrevistas de emprego.
– Fomento do emprendemento e da mobilidade laboral
Aprende a poñer en marcha as túas ideas de negocio e descobre novas oportunidades profesionais dentro e fóra da túa contorna.
– Prácticas profesionais en empresas
A través de convenios con compañías da zona, poderás realizar prácticas non laborais para gañar experiencia real e aumentar as túas posibilidades de inserción.
Servizos complementarios do programa
Ademais das accións formativas e de orientación, o programa inclúe múltiples recursos para apoiar a túa busca de emprego:
Formación online e ciber@ula aberta
Plataforma de emprego con intelixencia artificial
Boletín dixital de emprego
Apoio no uso de redes sociais e creación de blog profesional
Comunicación directa por WhatsApp e SMS
Rede de colaboración con empresas e entidades locais
Axenda persoal de emprego de agasallo
Conciliación e axudas económicas
A Fundación Nortempo aposta por un programa inclusivo e accesible. Por iso, se o precisas, poderás contar con servizos de gardería, canguraxe ou axuda a domicilio durante as actividades.
Ademais, recibirás unha bolsa económica de 10 € por cada día de asistencia ás accións do programa.
Como participar no Programa Integrado de Emprego Fundación Nortempo 2025/26
O programa é totalmente de balde e está dirixido a persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego.
As actividades desenvolveranse nas comarcas de Vigo, Santiago e A Coruña, cunha duración prevista ata 2026.
Inscríbete xa e dá o salto ao emprego co apoio da Fundación Nortempo.
Non deixes pasar esta oportunidade para mellorar o teu futuro laboral en Galicia!
Programa subvencionado por
A CORUÑA
Rúa Bolivia , 1, 1º Esq
981 272 611
686 906 487
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Rúa de Restollal , 37, baixo,
981 590 565
686 906 487
VIGO
Rúa Velázquez Moreno, 16, baixo
986 493 131
689 498 810

