Voluntariado
Colaboracións para integración e emprego
Proxecto DOCE
O Proxecto DOCE (Docencia para a Orientación na Contratación e Empregabilidade) é un proxecto de voluntariado interno do Grupo Nortempo que desenvolverá diferentes accións cada mes do ano en distintas provincias españolas para favorecer a inclusión persoal, social e laboral das persoas pertencentes a colectivos de difícil inserción, a través das persoas empregadas do Grupo Nortempo.
Mentoring
Desde Fundación Nortempo ofrecemos a posibilidade de realizar sesións de mentoring, nas que as persoas participantes nos nosos programas coñecerán os pormenores do mercado laboral da man de profesionais en activo con ampla experiencia e coñecementos en distintos sectores. Deste xeito, oriéntase, guíase e acompáñase á persoa participante no desenvolvemento da súa carreira profesional e crecemento persoal.
Biblioteca
Incentivamos a lectura entre as persoas empregadas e usuarias da Fundación Nortempo, creando unha pequena biblioteca na entrada de cada oficina con títulos relacionados co emprego e as saídas laborais.
Medio Ambiente
Recollida de tapóns e cápsulas de café
Con este proxecto, Fundación Nortempo quere favorecer a reciclaxe mediante a recollida de tapóns de plástico en cada oficina para financiar proxectos con fins solidarios. Tamén se realiza recollida de cápsulas de café.
Limpieza de praias
Participamos en voluntariados internos de limpeza de praias en colaboración con We Sustainability, traballando conxuntamente para protexer e preservar as nosas costas.
Reforestación inclusiva
Colaboramos en actividades de reforestación xunto a persoas con discapacidade, promovendo a inclusión social e o coidado do medio ambiente. Xuntos, plantamos un futuro máis verde e accesible para todos.


Social