¿Necesitas traballadores/as de difícil cobertura Galicia ?

Chámanos ou solicita máis información sen compromiso a través do formulario.

Entidade Promotora:

logo-xunta

Entidade Colaboradora:

logo_nortempo_formacion_blanco

Déixanos os teus datos e contactaremos contigo para máis información

Déixanos os teus datos e contactaremos contigo para máis información

¿Que achegamos ás empresas?

A través do programa “Retorna Cualifica Emprego” da Xunta de Galicia en colaboración con Fundación Nortempo, axudámoste a cubrir postos de difícil cobertura retornando persoas galegas emigradas e inseríndoas no mercado laboral.

Divulgación de ofertas de emprego

E selección das persoas candidatas nos países de orixe.

Formación e cualificación

De persoas candidatas específica para o posto de traballo a cubrir.

Plan de acollida

· Coordinación e financiamento da viaxe desde o país de orixe e axuda vivenda.
· Xestión de contratos de traballo indefinidos.
· Proceso de benvida pola empresa contratista.
· Seguimento e acompañamento por parte de Fundación Nortempo.

Programa Retorna Cualifica Emprego

Xunta de Galicia destinará 4 millóns de euros este ano para que máis de 400 persoas galegas no exterior regresen a Galicia cun contrato indefinido. Galicia puxo en marcha no ano 2018 a Estratexia Retorna para facilitar o regreso das galegas e galegos que no seu día emigraron ou dos seus descendentes. A iniciativa baseábase en tres piares: o dereito para retornar, a loita contra o despoboamento e a competitividade. A medida tivo un éxito maior aínda do que se esperaba grazas ás axudas a familias que querían retornar, ao impulso á formación, ás medidas para o fomento do emprendemento ou ao asesoramento e o acompañamento das persoas retornadas.

Scroll al inicio
Ir al contenido